jueves, 16 de junio de 2022

O Paso a Primaria

Cada ano, moitos nenos e nenas prepáranse para dar un paso moi importante na súa vida académica: a transición de infantil a primaria.
Para os nenos é un cambio significativo e pode ter diferentes implicacións. É o comezo dunha nova e importante etapa, na que deberá enfrontarse a certos cambios aos que se irá adaptando paulatinamente: novos espazos, novos profesores, nova organización das aulas, novas materias, cambios metodolóxicos...

Non en van, no primeiro curso, vanse adquirir contidos e hábitos de traballo básicos para cursos posteriores.

A transición a esta nova etapa require un período de adaptación; é por iso que o paso de Infantil a Primaria realízase de xeito progresivo. 

Retirada de cueiros

Por máis que repitas ao teu fillo/a que che pida facer pis ou caca, sempre te quedas na expectativa preguntándote o por que non cho pide. O control voluntario dos esfínteres é un hábito que debe ser adquirido do mesmo xeito que comer, durmir, vestirse sos, camiñar, lavarse as mans,... e como tal resulta máis fácil para uns que a outros. En nada está relacionado coa intelixencia ou coa autonomía de cada neno/a e si co seu nivel de maduración. Si notas que o neno/a non está preparado/a, non insistas. Cada cal ten o seu momento e as comparacións neste sentido só amolan. 


Retirada del pañal - osinteresa.com
Pautas para saber si está preparado/a para este control


- Cando se queixa do molesto que está o cueiro.
- Cando ao cambialo/a notas que o cueiro cada vez se atopa máis seco.
- Cando ao retirar o cueiro, o teu fillo/a consegue controlar as súas ganas de ouriñar, logo de pedircho.
- Cando o teu fillo/a sabe diferenciar as ganas de ouriñar ou evacuar.

O paso a paso da retirada do pañal

1. Os pais deben estar en casa e convencidos de que é o momento polas mensaxes que emiten os seus fillos/as.
2. Explicar ao fillo/a a importancia e en que consiste este grande paso para que el se faga maior. E pedirlle a súa colaboración.
3. Retirar o cueiro durante o día e ensinar ao neno/a a acudir ao seu orinal cando teña necesidade.
4. É preciso levantarlo/a 30 minutos antes, e logo de almorzar, asearse e vestirse, indicarlle que vaia ao penico.
5. Nunca debe pasar máis de 20 minutos sentado/a no penico e podes poñerlle música relaxante ou deixarlle un libro, de forma que non o asocie cun castigo.
6. Observar os sinais de que o neno/a ten ganas de facer pis. Apertar as pernas ou saltar, son signos moi coñecidos e infalibles.
7. Motivar sempre, felicitar e premiar cando consiga facer as súas necesidades no penico.
8. Xamais lle regañes, nin castigues, nin presiones por non conseguir controlar a súa ouriña ou as súas feces. Fronte a un escape, dille que foi apenas un fallo e que confías en que poderá superalo. Nada de críticas nin de humillacións. Os/as nenos/as non conseguen controlar os seus esfínteres sos.
9. Cada vez que vaias ao baño, dillo, así lle estarás animando a imitar e seguir o teu exemplo.
10. Cando consiga controlar as súas necesidades durante o día, é hora de empezar a retirada dos pañales pola noite. Pode tardar un pouco máis xa que todo dependerá da súa maduración. Entre a retirada do pañal durante o día e a noite pódese tardar de 15 a 30 días, ou máis.

Cambio de etapa de Primaria a Secundaria

Deixámosvos outra presentación sobre a ESO. Interesante para o alumnado de 6º EP que estados a piques de pasar ao IES.

Cambio de etapa educativa: de Primaria a Secundaria
Fai clic na imaxe



Fonte: Orientacionfdez

Comezar en educación infantil


LINDAS FIGURAS PARA TRABALHAR ROTINA NA EDUCAÇÃO INFANTIL :: M.I. ...

O inicio da escolarización é un grande paso para os nenos. Cuarto curso de infantil acolle a nenos moi pequenos, con pouca autonomía persoal, con escaso desenvolvemento da linguaxe e que aínda dependen en gran medida do adulto. Ademais, considerade que o voso fillo ou filla non estará só, estará cun grupo numeroso de entorno aos 25 nenos.

A Educación Infantil é unha etapa que, aínda que non é obligatoria, con todo, escolariza á maioría dos nenos e nenas de 3 a 5 anos. Ten fundamentalmente unha función educativa, non é un lugar para que o neno sexa atendido mentres a familia traballa, senón que se trata dunha institución educativa.

A finalidade principal é desenvolver competencias básicas nestas idades, como a comunicación, a psicomotricidad, o desenvolvemento cognitivo, as relacións sociais e a adquisición de hábitos de autonomía persoal. Aínda que aprenderán outras cousas, estas son as prioritarias neste periodo.

No noso centro os nenos e nenas serán atendidos por profesionais da educación. As mestras de Educación Infantil son profesionais da Educación, realizaron estudos universitarios que as cualifican por iso, a súa opinión, os consellos e orientacións que vos faciliten, deben ter para vós un peso moi relevante: veñen dun profesional especializado e non poden equipararlos nin ao parecer de amigos e familiares que non son expertos, nin a calquera opinión que atopedes en Internet.

O PERIODO DE ADAPTACIÓN

Durante as primeiras semanas os vosos fillos terán un periodo de adaptación. Para iso o centro establece un horario no que o voso fillo ou filla comeza asistindo periodos moi breves de tempo á escola, para afacerse á nova situación.
Este periodo ten como finalidade facilitar a adaptación do neno a esta realidade moi novedosa para el, e a estar separado dos seus pais.
Periodo de adaptación

RECOMENDACIÓNS IMPORTANTES

1. Seguide as normas
Considerade que o voso fillo ou filla non está só. Na súa aula e no centro hai moitos máis nenos/as e por iso, é necesario establecer unhas normas para o axeitado funcionamento e a atención óptima ao alumnado. O respecto das normas será un exemplo positivo para o voso fillo ou filla. Si os pais non cumprides as normas? Como llas imos a esixir aos nenos? Por iso é moi importante que respectedes os horarios, as normas de entrada e saída, as que se establezan respecto de a roupa que deben traer ou ao material, etc.

2 Potenciade hábitos
A asistencia á escola pode ser un momento privilexiado para que a familia potenciéis desde o fogar, unha serie de hábitos axeitados. É un bo momento para mellorar os hábitos de alimentación, de soño, de autonomía persoal e o seu comportamento en xeral.

3 Colaboración familia-escola
A escola colabora coa familia no seu labor educativo. Non o esquezades: a responsabilidade da educación dos vosos fillos e fillas é vosa como pais e nais, a escola é
só colaboradora. Animámosvos a manter unha boa e fluída relación coas mestras e
profesionais da escola. A titora do voso fillo debe ser a persoa de referencia. Como mínimo,
deberiades manter unha entrevista trimestral para informarvos da evolución do voso fillo/a e se fose necesario, adoptar xuntos as medidas necesarias.
No noso centro traballamos un equipo de orientación: unha orientadora e especialistas en Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe. Somos profesionais especializados que tamén vos podemos asesorar no voso labor educativo e no desenvolvemento do voso fillo ou filla.

4 Aportade a información relevante
É necesario que informedes aos profesionais do centro daqueles aspectos do voso fillo ou filla que poden ser relevantes no contexto escolar. Como poden ser: informar de alergias, problemas de saúde, intolerancias alimenticias ou necesidades educativas especiais.
Tamén tedes a obrigación de informar de situacións legais de custodia, patria potestade, ordes de alejamiento ou similares, para que o centro adopte as medidas oportunas.

CONSELLOS PARA EMPEZAR CON BO PÉ

1 Preparade ao neno: explicádelle a onde irá, que actividades fará, con quen estará. Destacade sempre o positivo!!!

2 Comprendede que pode ter medo a separarse de vos e do seu entorno coñecido: a escola é un sitio novo e descoñecido para el.

3 Precisará tempo para adaptarse. Estará máis sensible, pode que enfadado; así expresa o seu temor e angustia. Acollédeo con amor e límites.

4 Os rituais de despedida pode que os fagan sentir máis seguros. Bicos máxicos, mimos extra. Pero procurade non alargar demasiado a despedida. Confiade en que vai a estar ben atendido polo persoal do centro.

5 Precisa saber que aínda que non esteades sempre xuntos, os vosos corazones si o están. Déixalle saber que sempre está nos vosos pensamentos.

6 Dicidelle moitas veces que sempre o ides ir buscar. É moi importante que sexades moi puntuales. Cando vos retrasades e ven como os compañeiros e compañeiras marchan síntense moi temerosos.

7 Ofrécelle unha atención especial e de calidade no tempo que pasedes xuntos.

Zurecia — ¡Tengo una idea!

COUSAS QUE OS NENOS/AS DEBEN CONTROLAR CANDO COMEZAN NO COLEXIO

1. Control de esfínteres. o voso fillo ou filla debería saber avisar de que quere facer pis e aguantarse as ganas ata o lavabo. Tamén debe saber limparse con papel higiénico e lavar as mans despois. O ritmo de maduración necesario para ser capaz de controlar tanto a micción como a defecación difiere moito dun neno a outro e algúns poden atopar certas dificultades. En calquera caso, convén adestrarlles con tempo suficiente e evitar a presión que supón a data de inicio do cole. Si o voso fillo ou filla se amosa pouco colaborador, apóiadevos nas rutinas que funcionan, usade a vosa paciencia e non o/a castigues. 

2. Comer só. Ovoso fillo ou filla debe ter certa autonomía a hora de comer tanto na parva de media mañá coma se acode ao comedor escolar debería comer con culler e tenedor, beber nun vaso e usar unha servilleta para limparse a boca.

3. Saber poñerse algunhas pezas. Pediráselle que saiba poñerse os zapatos. Para empezar é conveniente usar uns de pechadura de velcro e si non hai sinal no calzado, fai unha para que poida diferenciar o esquerdo do dereito. Tamén convén ensinarlle a poñerse unha chaqueta ou un anorak introducindo as mans na mangas por diante e pasando a peza por encima da cabeza. Es saber  baixar e subir a roupa para ir ao baño.

4. Recoller as súas cousas. Ordenar os seus juguetes, colgar a súa roupa no lugar adecuado, poñer as súas cousas na mochila... son parte das rutinas do cole. Todas estas tarefas pódense traballar en casa.

5. Aguantar sentado ata terminar a súa tarefa. Intentade que non se levante en todo momento cando está comendo, debuxando, lendo... En cambio, limitade as horas de tele e videoxogos e aumentade as visitas ao parque, montar en bicicleta ou acudir á piscina para que gaste as súas enerxías.

lunes, 21 de marzo de 2022

Altas capacidades. Pentominós

Imos a disfrutar un xogo que nos permitirá traballar a memoria, a atención, a percepción visual, a visión espacial,...  Ao mesmo tempo fai máis densa a masa gris do cerebro polo que pode mellorar as habilidades mentales, como por exemplo a intelixencia e a flexibilidade cognitiva.

Fai clic na imaxe


A disfrutar!!!

jueves, 10 de marzo de 2022

Tolerancia

Ser tolerante é o mesmo que ser respectuoso,  indulxente e considerado cos demais. É unha calidade persoal que se define como o respecto ás ideas, crenzas ou prácticas dos outros, aínda que sexan diferentes ou contrarias ás nosas.

Ser tolerante é aceptar e permitir as  circunstancias ou diferenzas dos demais, é non impedir que faga o que este desexe, é  admitir a diferenza ou a diversidade. Para que os nenos establezan boas relacións cos seus semellantes, é necesario que aprenda a ser tolerante desde moi pequeno. 

miércoles, 9 de marzo de 2022

Diversidade sexual

Guia didáctica para centros educativos sobre como educar na diversidade sexual. Con claves teóricas e estratexias de inclusión para todas as idades.
Pódese descargar case completa, con algúns cortes, neste enlace:  

EDUCACIÓN E DIVERSIDADE SEXUAL.


DECÁLOGO POR UN XOGO IGUALITARIO E NON VIOLENTO

Descarga aqui o documento

martes, 8 de marzo de 2022

GUÍA DE ACTUACIÓN ANTE CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO NO ÁMBITO EDUCATIVO

Fai clic no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2020/11/10/3ccf3591695a4f827f94d95cb84d54ed.pdf

lunes, 7 de marzo de 2022

jueves, 3 de marzo de 2022

Habilidades sociais

Aprendemos a relacionarnos cos demais


Ao longo da corentena un dos eidos máis afectado foi o emocional. Esta parte emocional relaciónase tamén coas nosas relacións sociais e coas habilidades sociais. Que son as habilidades sociais? Podemos apréndelas?
Compartimos con vós este vídeo no que se explica que son as habilidades sociais e alguns exemplos.



As persoas con Trastorno de Espectro do Autismo (TEA) debido ás suas características e necesidades precisan dun traballo máis específico neste ámbito.
Compartimos unha serie de recursos interesantes que poden ser de utilidade para mellorar nestes aspectos.

Trivial de conversas


Trivial de dobres sentidos


Trivial Sinto e regulo



Programas de habilidades sociais. 
Educación en sentimentos. 


Cadernos de habilidades sociais. 
Educación para a convivencia.





Tedes mais recursos e ideas no blogue:  elsonidodelahierbaalcrecer.blogspot.com

miércoles, 2 de marzo de 2022

Guia de recursos para unha educación libre de acoso homofóbico e transfóbico

Comparto esta impresionante guía de recursos educativos para loitar contra o acoso homfóbico e transfóbico, denominada Abrazar a Diversidade. Contén lexislación por CC. Autónomas, recursos para todas as etapas, anexos descargables,... Editado polo Instituto de la Mujer para Igualdad de Oportunidades. Publicado en julio de 2015. 

 



lunes, 28 de febrero de 2022

Altas capacidades. Cine


Hoxe propoñémosvos facer o voso propio cine de dedo. 

Cine de Dedo: "Revolución" - YouTube
Fai clic na imaxe

viernes, 25 de febrero de 2022

Manual de estratexias de modificación de conduta

Manual con ferramentas e orientacións para intervir en problemas de conducta en contextos educativos. 

Autores: Juan Pedro Martínez Ramón e Francisca Gómez Barba.

Fonte: Orientación Condesa

Fai clic na imaxe


Relaxación

A continuación propoñémosvos uns recursos interesantes para traballar a calma e relaxación na casa coas nenas e nenos.

Pin en MINDFULNESS
Fai clic na imaxe

jueves, 24 de febrero de 2022

Compañerísmo


Resultado de imagen de one by one  corto
Fai clic na imaxe

Que é o valor de compañeirismo?


O compañeirismo entre nenos/as enténdese como unha relación amigable, caracterizada por valores como a solidariedade e a cooperación. Neste sentido, promóvese a empatía e o apoio entre os menores para fomentar tamén a inclusión, a igualdade e a tolerancia na infancia.

Ser un bo compañeiro implica aprender a traballar en equipo, ser solidario e mostrar unha conduta social aberta e  empática cara aos demais.

"El sexo sentido". Documental sobre nenos/as e adolescentes transexuales

Disforia de xénero, trastorno de identidade do xénero, transexualidad, ... incongruencias biolóxicas reais que ás veces non se aceptan nin se respectan, pero que se poden detectar xa a partir dos 3 anos de idade.
Na  RTVE (Televisión a la carta) dispoñemos dun documental, retransmitido en 2014, con algunhas claves para detectalo e con testemuños de nenos e adolescentes.
Este magnífico documental foi premiado por diferentes colectivos polo coidadoso traballo realizado. Para ver máis sobre este documental accede a leste
ENLACE
 

 

 

lunes, 21 de febrero de 2022

MATERIAIS E RECURSOS PARA O ALUMNADO CON ALTAS CAPACIDADES

Excelente recompilación realizada por Branca Gómez Gómez, asesora de capacidade intelectual do  CTROADI (Centro Territorial de Recursos para a Orientación, a Atención á Diversidade e a  Interculturalidade) de Albacete.
Publicada pola Consellería de Educación e Ciencia da Comunidade de Castela-A Mancha, nela podemos atopar bibliografía e ligazóns de recursos e materiais para a atención do alumnado con altas capacidades de Educación Infantil, Primaria e Secundaria.


Materiales y recursos alumnado con altas capacidades intelectuales ...
Fai clic na imaxe

viernes, 18 de febrero de 2022

TDAH

Trastorno por déficit de atención e/ou hiperactividade


Aquí vos deixamos algúns recursos de interese en relación ao TDAH.

Protocolo de consenso sobre TDAH na 
infancia e na adolescencia nos ámbitos educativos e sanitarios. 
Xunta de Galicia